2 Tendas.
2 Restaurantes.
6 Aloxamento.
13 Receitas.
2 Museos.
6 Citas gastronómicas.
92 Pat. cultural.
26 Pat. natural.
3 Servizo turístico.
Sabores do noroeste
A gastronomía galega caracterízase pola riqueza e variedade dos seus produtos. De feito, a súa fama e prestixio débese á calidade da súa carne, produtos típicos da terra e peixes e mariscos. Estes alimentos, fundamentais da dieta galega, están protexidos polos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe. Trátase de produtos de gran calidade caracterizados pola súa produción artesanal.
O itinerario "Sabores do noroeste" está enmarcado na típica cociña galega, sa, saborosa, variada e rica. Está conformado pola área xeográfica que comprende os municipios de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Oza dos Ríos, Paderne, Coirós, Miño, Vilarmaior, Irixoa, Aranga, Curtis, Monfero, Guitiriz, As Pontes de García Rodríguez, Xermade e Vilalba.
Estas terras achegan á gastronomía galega produtos de alta calidade, sendo de especial relevancia lácteos como o Queixo San Simón da Costa ou o Queixo Tetilla, carnes como o Capón de Vilalba ou o Mel de Galicia.












