Os camiños do sabor de Galicia permiten coñecer o proceso produtivo agropecuario e degustar a cociña local.

5 Produtores.
2 Tendas.
2 Restaurantes.
6 Aloxamento.
13 Receitas.
2 Museos.
6 Citas gastronómicas.
92 Pat. cultural.
26 Pat. natural.
3 Servizo turístico.

Queixos: Presentación



Galicia, cos seus verdes campos, o excelente gando vacún e as condicións meteorolóxicas tan particulares das terras do norte, constitúese como un lugar idóneo para a produción de lácteos. En concreto, os queixos galegos reúnen o mellor da tradición gandeira galega e da tecnoloxía máis avanzada, garantindo os maiores estándares de calidade nos seus procesos de produción.

As catro variedades de queixos que existen en Galicia, todas elas amparadas baixo as súas respectivas denominacións de orixe, son Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa, Queixo do Cebreiro e Queixo Tetilla.

Nesta zona en concreto prodúcense as variedades de San Simón da Costa e Queixo Tetilla, ambas elaboradas con leite galego da maior calidade, o cal redunda nun sabor auténtico.

O queixo San Simón da Costa, de elaboración artesanal, presenta dous trazos característicos que lle confiren o seu sabor e aroma tan peculiar. O primeiro, é a materia prima coa que se elabora, leite de vaca, xeralmente das razas Loura Galega, Pardo Alpina e Frisoa da comarca lucense de Terra Cha. O segundo, un proceso de afumado para o cal se emprega madeira de bidueiro.

O Queixo Tetilla é facilmente recoñecible polos consumidores pola súa forma de cono. O leite utilizado na súa elaboración procede de gandarías de todo o territorio galego estritamente controladas polo Consello Regulador. Deste leite obtense unha pasta cremosa e uniforme, e despois dun período de maduración mínimo de 7 días o resultado é un magnífico queixo de sabor lácteo, mantecoso, algo acedo e cun toque salgado suave.