2 Tendas.
2 Restaurantes.
6 Aloxamento.
13 Receitas.
2 Museos.
6 Citas gastronómicas.
92 Pat. cultural.
26 Pat. natural.
3 Servizo turístico.
Mel de Galicia
O mel é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos.
O clima especialmente benigno de Galicia, con abundante choiva ao longo de todo o ano, o chan granítico e a influencia dos ventos mariños, dan lugar a unha flora rica e variada, que permite tanto a produción de mel monofloral como a dun abanico de meles de milflores.
Os colmenares galegos caracterízanse por ser pequenos e por estar coidados con esmero polo apicultor. Estes coidados e atencións no proceso de elaboración permiten ao mel conservar as súas propiedades genuínas.
Estes meles adquiren, por tanto, unhas características organolépticas propias que satisfán aos padais máis esixentes, mantendo desde a antigüidade un gran atractivo para os consumidores, non só de Galicia senón tamén a nivel nacional e internacional.












